Aristóteles y Dante se sumergen en las aguas del mundo

Este semana tivemos novos membros que se  suman ás charlas do club Irene  e Ana Fernández de 1º de Bacharelato, debido a que as reunións as facemos nos recreos na bilblioteca temos invitados que sinten curiosidade e que lles gusta sentarse con nosoutros nas reunións e nesta ocasión parece que estas rapazas teñen gañas de unirse ó noso club.  Pola nosa banda estivemos a falar da traxectoria do club e tamén da nosa iniciativa de propoñer este blog de xuvenil romántica que pensamos pode suscitar a curiosidade de moitos lectores novos.
Elas pola súa parte contaron cales eran as súas lecturas favoritas e tamén comentaron que descoñecían moitos dos autores da xuvenil romántica. 
Irene comentounos que ela en algunhas ocasións le en inglés porque se publica máis rápido e resúltalle barato. Esto deu pe a comentar as nososa preferencias por libros físicos ou publicacións online ou outros formatos. Seguindo a exposición de Irene ela falunos de un libro que leva por título: Aristóteles y Dante se sumergen en las aguas del mundo.
Causounos gran interés a obra e sobre todo a emoción coa que Inés nos falou dela por este motivo edecidimos dedicarlle unha entrada neste blog.
Dante sabe nadar. Aristóteles, non. Dante é falador e seguro de sé 
mesmo. Ari dubida todo o tempo e cústalle establecer unha conversación con alguén. Dante non para de pensar en poesía e arte. Ari volve onstantemente ao recordo do seu irmán que está en prisión. Dante é un sabelotodo que ten unha maneira especial de entender o mundo. Ari é introvertido. Dante é más ben branco. Ari é moreno.

E aínda que a primeira ollada non teñen nada en común, atópanse, e empezan a pasar tempo xuntos. Asíconstrúen unha amizade entrañable que lles permitirá aprender a crer neles mesmos, a ser más grandes e descubrir os segredos do universo.






Imos coñecer algo máis do autor, Benjamin Alire Saen.
Naceu en Novo México, Estados Unidos, o 16 de agosto de 1954.Recibiu premios diversos con Aristóteles e Dante Descobren os segredos do universo. Tamén é o gañador do Premio PEN/ Faulkner de Ficción e do American Book Award polos seus libros para adultos. Con Hei Forgot To Say Goodbye gañou o premio de literatura infantil e xuvenil Tomás Rivera e o Southwest Books; con Canción nocturna foi parte top 10 do Á para mozas; e Sammy e Juliana en Hollywood foi finalista nos Angeles Times Book Prize. Ex compañeiro de poesía de Wallace E. Stegner, Sáenz é profesor no departamento creativo da Universidade de Texas, nel Paso.

Comentarios

Entradas populares